Sección rítmica
Danger!!! Pepon é a besta que encerramos na xaula do remolque. Para que permaneza en calma debemos saltar e bailar cos seus aloucados ritmos a pesar do riesgo de rotura de cadeira. En caso de extrema necesidade administrar…licor-k!
Baixo e Guitarra
Charlie é o baixista sacado dos mesmos suburbios de Memphis. Contan as lendas que no seu baixo reside un poltergeist que consegue atrapar a todo aquel que o escoita cando fai as escalofriantes lineas de baixo. Ademáis ca súa voz consegue plasmala esencia do máis puro estilo do Rock&Roll.
Presentámosvos á voz e guitarra da manada. Se a música calma as feras aquí temos o máis claro exemplo. Procedente das favelas máis luxosas de Caracas e cun sonriso que enternecerá o corazón máis xélido…Con todos vós, Jesús! (Chucho para os amigos).
Teclado e Director musical
E aquí o director musical e teclista de Louband, gracias a súa dirección conseguimos que o noso proxecto fora posible. Dende o keytar consegue aportar un estilo punkarra que transmite a todo o grupo, logrando que o ritmo non pare e siga o espectáculo.
Sección de Ventos
Se superman e batman teñen a súa propia capa, este home non ía ser menos!!! Pitando co saxofón alto, saltando sen parar e coa axuda da súa capa, acudirá a chamada da manada para formar parte do espectáculo Louband!
Criado cos salvaxes dende o outro lado do muro, Martín!!! O seu control do trombón transportanos por un fabuloso viaxe dende o estilo de New Orleans ata as máis líricas melodías vienesas. Sen dúbida tiña que formar parte da banda.
Dende terras lucenses temos a Manuel, aínda que pareza tranquilo e que nunca rompeu un prato, non os deixedes enganar, a súa arma é o tenor…coidado. Ganas de festa non lle faltan e talento tampouco!